jueves, 19 de abril de 2012

A época do liberalismo e da industrialización.


A época do liberalismo e da industrialización.

O absolutismo.

No século XVII, os monarcas europeos concentraban todos os poderes: gobernaban, cobraban impostos, dirixían a política exterior e os exércitos, elaboraban as leis e eran xuíces supremos.
A monarquía tiña unha orixe divina e o rei non respondía dos seus actos perante ninguén. Era un monarca absoluto. Luís XIV  de Francia foi un modelo de monarca absoluto.
                                    Nova dinastía en España
   Carlos II, ao morrer sen descendencia en 1700, deixou como herdeiro dos seus reinos a Filipe V, principe frances da dinastía dos Borbón e neto de Luís XIV, que tiña o apoio de Francia e de Castela.


     Outros paises europeos, por temor a que o seu reinado reforzase o poder de Francia, preferían como rei de España ao arquiduque  Carlos de Austria, que tiña o apoio da Coroa de Aragón.


     Esta disputa pola Coroa española foi a orixe da Guerra de Sucesión, que rematou en 1714 co recoñecemento de Filipe V como rei de España.


                                  O absolutismo borbónico


     Filipe V  reorganizou o sistema político español e estableceu unha forma de goberno absolutista.
  
     En primeiro lugar, aboliu a lingua, as leis e as institucións da Coroa de Aragón (Aragón, Cataluña, Valencia e Baleares), que se opuxera ao seu reinado.


      Pola contra, o País Vasco e Navarra, que o apoiaran na Guerra de Sucesión, conservaron parte das súas leis tradicionais (foros).


     En segundo lugar, unificou o sistema político e concentrou nas súas mans todo o poder, que exercía a través dos seus ministros e funcionarios.


     O territorio español dividiuse en provincias, cada unha das cales era gobernada por un capitán xeral, nomeado polo rei.


     Na segunda metade do século XVIII reinou en España Carlos III, que se preocupou pola modernización e o aumento da riqueza do país. Por iso fomentou o desenvolvemento da agricultura, da industria e do comercio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario