Valentín
Paz-Andrade
Valentín
Paz-Andrade, nado no
barrio pontevedrés
de Lérez
o 23 de abril
de 1898 e falecido en
Vigo o 19
de maio de 1987,
foi un xurista,
economista,
político,
empresario, escritor,
poeta e xornalista
galeguista. En 2012
adicaráselle o Día
das Letras Galegas.
Actividade antes da guerra civil
Comezou
a interesarse na literatura
e na cultura
de Galicia da man do seu tío, o poeta Xoán
Bautista Andrade. Foi tamén el quen lle presentou a Castelao,
un dos intelectuais que máis influíron na súa obra, cando este
fixou a súa residencia en Pontevedra, en 1916.
En xullo de 1922
nace o xornal
Galicia.
Diario de Vigo,
do que nun primeiro momento é redactor xefe, e dende o mes de agosto
director, ata a súa desaparición o 15 de setembro de 1926, pechado
na ditadura de Primo
de Rivera. En xullo de 1924 foi detido pola publicación de dous
artigos en Galicia,
polos que tivo que pagar unha multa e permanecer no cárcere quince
días.
En 1934,
cando con ocasión do Bienio
Negro foron
desterrados -o 23 de novembro- Castelao a Badaxoz
e Bóveda
a Cádiz, Paz
Andrade asumiu -con moitas reticencias- a Secretaría Política do
Partido Galeguista.
Ti
sabes ben que eu non podo nin quixen endexamais furtarme a ningún
esforzo pol-a Causa. Menos podería facel-o si ti es quen o recrama,
e nun intre como o de agora. Mais compre enfocar as cousas
abxetivamente, pola cara da eficacia. E xusgo que nin o Partido lle
convén o que propós, nin eu me atopo en situación de encarar esa
responsabilidade
Carta
a Castelao, 3 de decembro de 1934.
Obra
Como
poeta formou parte da Xeración
de 1925 e na maior parte da súa obra poética evidénciase unha
motivación patriótica,
como se pode observar en Soldado
da morte (1921),
Pranto matricial
(1954), en que evoca a morte de Castelao e que foi reeditada en 1975
en cinco linguas;
Sementeira do vento
(1968), en que canta
a paisaxe e a xente galega, ademais do exilio
e o amor ausente; Cen
chaves de sombra
(1979) e Cartafol de
homenaxe a Ramón Otero Pedrayo
(1986), en que
incluíu as composicións dedicadas ao autor ourensán.
NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,
que dende a Torre de Hércules ao Miño
un facho acenderá por cada illa,
cando ti volvas polo mare;
de toxo unha fogueira en cada monte,
cando ti volvas polo mare;
dos castros na coroa unha cachela,
cando ti volvas polo mare;
unha loura candea en cada pino,
cando ti volvas polo mare;
o seu cirio de frouma os alciprestes,
cando ti volvas polo mare;
luces de ardora branca en cada mastro,
cando ti volvas polo mare;
un farol mariñeiro en cada dorna,
cando ti volvas polo mare;
veliñas á xanela en cada casa,
cando ti volvas polo mare;
e as pérolas das bágoas derramadas,
cando ti volvas polo mare;
cando ti volvas polo mare...
Galiza, 1954
O que todo
galego choraría...
CHORA, TERRA, teu pranto
das augas e dos eidos e dos ares,
as vivas páreas cósmicas da reza,
en mantelo de brétemas envoltas
que noso fin ao noso orixe ligan.
[...]
CHORA, TERRA, teu pranto
das augas e dos eidos e dos ares,
as vivas páreas cósmicas da reza,
en mantelo de brétemas envoltas
que noso fin ao noso orixe ligan.
[...]
Escultura
a Valentín Paz-Andrade de Cesar Lombrera
chamada
A tertulia do Moderno.
Pablo,Marta,Ancor y Andrea Mar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario